como non escribo moito no blog, pois aí vai unha entrevista no Capicúa, xornal gratuito da Estrada…
Outro video bonito
Manifestación «Queremos Galego» 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.
como non hai moita gana de escribir, aí vai un video chulo chulo; vese de lonxe a man de maría yáñez e cía…
A muller que fala chámase Teresa Forcades e é unha prestixiosa doctora que dá unha extraordinaria explicación, obxectiva, clara e documentada, sobre a gripe A, as vacinas, os laboratorios…, en fin, que vale a pena escoitala, aínda que o vídeo dure unha hora. Insisto, vale moito a pena
falamos
CAMPANAS POR LA GRIPE A from ALISH on Vimeo.
Ala foi. O mellor programa da historia da radio en Galiza só botou tres anos en antena e hoxe á unha da tarde a súa presentadora e directora, Belén Regueira, despideuse de nós. Dixo que sen nostalxia ningunha, pero a verdade e que parecía que ás veces se lle atragoaba algo na gorxa. A min tamén.
Apaguei a RG. Xa non quedan motivos. Agardo que o Diario Cultural e Ana Romaní teñan máis sorte. É o que queda. A algúns por aí só lles preocupa a porcentaxe de «tertulianos» do seu pau. Pobres, uns e mais os outros, e os outros mais.
E agora que escoito?
falamos
entrevista con Roberto Varela, conselleiro cosmopolita e moderno de cultura e turismo; volvemos aos tópicos, agora con face moderna e cosmopolita, seica
(faro de vigo, suplemento estela, 26.04.09)
xa sabedes, botádelle azucre
que quede tranquilo o equipo de guionistas de «pasapalabra» -ver entrada anterior- que xa nolo mandan de volta, ademais ascendérono, que agora ven de pregoeiro, en fin… «empezamos»
venres 3 de abril, programa «pasapalabra» en tele 5
definición textual: «nos enviaron a Fraga y se lo perdonamos por lo ricos que saben sus percebes»
cal é a palabra?
G _ _ _ _ _ _
difícil non?
así que xa sabedes, somos Fraga e somos percebes…
propoño un xogo, a ver a quen se lle ocorre unha xenialidade mellor…
non foi o gripe, senón un bo constipado, pero é o costume de chamarlle así…
cando vas algo mellor xa che da gana de ler, e como taba de baixa, tempo hai bastante, así que collín un libro aparentemente profesional para ver canto aprendía de D. Pennac
moi entretido, moi autobiográfico, mesmo aparece como interlocutor do narrador o Pennacchioni rebelde e mal estudante, que contribúe a que o autor se refirme nas súas teses, unha especie de «sei do que falo»
trátase dunha interesante reflexión en primeira persoa sobre o ensino e o mundo educativo en Franza, aínda que mellor sería dicir sobre o mundo no que vivimos, pois ao final tampouco é un libro «profesional» sobre os «malos alumnos»
libro para nais, libro para pais, libro para rapaces e rapazas e para profes tamén onde non se dan receitas nin respostas a nada, senón que se describe agudamente e se reflexiona sobre a educación e sobre o mundo no que vivimos e as súas contradiccións
gustoume especialmente o capítulo «Ti falo á mantenta» (sempre pensamos que os mozos ou mozas están a boicotearnos) un auténtico tratado sobre o significado desta frase desde moi diferentes puntos de vista…
o autor reparte responsabilidades comezando por el mesmo da situación na que vivimos, e mesmo nos conta como chegou a rendibilizar técnicas educativas aparentemente desfasadas: o ditado ou a memorización de textos
recoméndovos a súa lectura, porque ademais está moi ben escrito e lese sen problemas
tamén recomendo a lectura da opinión de martin pawley no xornal de galicia
só que eu digo que tamén é un libro para docentes, necesario
agora tou con outro, literatura de consumo, ás veces ghastamos os cartos e cada cousa, en pasar o tempo…
falamos? © 2007.
Simple Grey theme developed by Rodrigo P. Ghedin.